NON ó peche de Físicas en Ourense, pertencente á UVIGO


Despois de quince anos de actividade docente e investigadora se propón o peche da carreira de física no campus de Ourense. A excusa é que unha titulación con vintecinco novos alumnos cada ano non é rendible no novo marco do proceso de Boloña sobre o Espazo Europeo de Educación Superior.

Un criterio estritamente económico que, sorprendentemente, non ten en conta os numerosos ingresos que xeneran os proxectos de investigación en física levados a cabo no Campus de Ourense, gracias á incorporación de xóovenes físicos da cidade, nin o custo de manter unha plantilla de profesores que non tería actividade docente despois do peche.

Asina o manifesto para que non se peche.

Esto non é unha cousa nova na Uvigo, onde se reduce ata a mínima expresión os cartos para a I+D, docencia, instalacións (laboratorios, medidas de seguridad)… e con medidas coma estas, fan da UVIGO unha das peores universidades de todo o estado.

Por certo, se alguén pensa que esto é culpa de Bolonia, é falso, xa que estas medidas xa a buscaban dende fai tempo o equipo retoral de Gago

Avatar de Desconocido

About andresrguez

Doctor por la Universidade de Vigo. Campo de especialización: comportamiento del plomo en suelos mineros, urbanos y campos de tiro, a través de técnicas espectroscópicas, toxicológicas y aplicación de nanopartículas.
Esta entrada fue publicada en universidade, uvigo, vigo. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.